Actividades de colaboración entre a Deputación, o COAG e a Escola

A sede da Deputación da Coruña acolleu onte unha reunión entre Rosa Ana García, deputada provincial da área de Emprego e Industria; Ruth Varela, presidenta da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ( COAG); Miguel Abelleira, director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC); Juan Diego Pereiro, xestor da asistencia técnica do coworking do Pazo de Arenaza; e persoal técnico dos servizos de Arquitectura e Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña.

Todas as entidades representadas acordaron colaborar e levar a cabo actuacións conxuntas no eido do fomento do emprendemento no sector da arquitectura, comezando pola Semana da Arquitectura que terá lugar a semana do 7 de outubro.

Máis información