Víctor Fernández Trebacz gaña o Premio Nacional do Concurso Hispalyt

 

O estudante da Escola Víctor Fernández Trebacz é o gañador do Premio Nacional do Concurso de Proxectos do Foro Universitario Cerámico Hispalyt do curso 2023/2024, que consistía en deseñar unha Biblioteca para o Século XXI en Zamora.

No concurso participaron un total de 43 propostas, correspondentes aos gañadores e ás mencións dos Premios Locais das 14 Escolas de Arquitectura participantes e do Premio Local Hispalyt.

Formaron parte do xurado os arquitectos José Ignacio Linazasoro, José Antonio Martínez Lapeña, Tomás Carranza e Carlos Miguel Iglesias.

Máis información