Talleres de bioconstrucción na montaña. Asturias, verán 2024

Escuela de Teitáu, un proxecto para a recuperación das cabanas de teito

A Escuela de Teitáu xorde desde a cidadanía para a salvaguardia das “cabanas de teito”, construcións tradicionais con cuberta vexetal situadas na montaña asturiana, que están a desaparecer unha tras outra nos últimos anos.

O obxectivo é recuperar un “teito” cada ano a través de xornadas participativas, talleres de bioconstrucción e apoiando ás persoas que continúan mantendo en pié este aceno de identidade do patrimonio etnográfico.

Talleres de bioconstrucción na montaña. Asturias, verán 2024

Este taller de iniciación está pensado como unha estancia de cinco días na que practicar distintas técnicas de bioconstrucción nunha contorna natural de enorme beleza, onde levaremos a cabo os labores de mantemento dunha construción de pedra e cuberta vexetal (cabana de teito). A idea é encargarnos de todo o proceso, desde a recolección de materiais nos arredores (vexetación para a cuberta, varas de avellano, arxila…), ata a súa aplicación e posta en obra.

Datas
3 quendas independentes:
_Do 18 ao 23 de agosto
_Do 25 ao 30 de agosto
_Do 22 ao 27 de setembro

Actividades
Poñeremos en práctica varias das técnicas de bioconstrucción vinculadas ás cabanas de teito:
_O teitado ou mantemento da cuberta vexetal
_Construción de muros de pedra a xunta seca
_Carpintería artesanal en madeira
_Tabiques de cebatu: trenzado de avellano recuberto de argamasa de barro e fibras vexetais
_Revocos de barro como acabados finais para muros e tabiques

Formadores
Roberto Puertas. Canteiro, carpintería artesanal
Jose Alvarez. Deseñador industrial, teitador
Macario Iglesias. Arquitecto ETSAC, artesán da bioconstrucción

Máis información e inscrición