Participa no co-deseño do Consello do Estudantado da UDC

Se queres incidir nas decisións da nosa universidade participa na xuntanza presencial do 22 de xullo ás 17:00 horas no Pavillón de Estudantes, no campus de Elviña.
Nesta xuntanza poderás formar parte activa do proxecto de co-deseño do Consello do Estudantado da UDC, que está desenvolver un grupo de estudantes xunto coa Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade.
A UDC está a impulsar a creación do Consello do Estudantado como órgano de representación estudantil e fomento da participación universitaria. A participación cidadá é unha competencia esencial, tanto na vida como na academia, para a formación integral das persoas, a nivel individual e colectivo.
Nas universidades públicas, a participación activa da comunidade universitaria nos órganos de goberno e na propia vida universitaria fortalece o sentido de pertenza, o pensamento crítico e a preparación do alumnado para a vida futura, ademais de contribuír a unha mellor universidade pública para todas as persoas. É por iso que a Universidade da Coruña ten interese en formalizar a creación e posta en marcha do Consello do Estudantado durante este ano 2024.
A vosa participación é importante. Agardamos contar con vós.
Se queres asistir, pódeste inscribir aquí: https://forms.office.com/e/DrTQ1HuB9w