O vindeiro venres 12 de xullo, a Delegación de Vigo do COAG organiza, dentro do marco do festival TAC!, unha mesa redonda para debater sobre a incidencia das cuestións de xénero no deseño das cidades e das edificacións.
Esta xornada pretende poñer en valor as particularidades e características da mirada feminina na arquitectura, a través dos traballos e experiencias de catro compañeiras arquitectas.
Interveñen: Ana Amado, Elvira Carregado, María Fandiño e Rosa Mouriño.
Modera: Paula Cabaleiro (Membro do Consello da Cultura Galega).
Será ás 19:00 horas no Pabellón TAC! (Porta do Sol, Vigo). A entrada é libre, sendo recomendable a inscrición a través desta ligazón.