Concurso do Concello de Barcelona e a Fundación Mies van der Rohe

A Fundación Mies van der Rohe e o Concello de Barcelona lanzan un concurso internacional de ideas para arquitectos/as novos/as como parte da candidatura da cidade como Capital Mundial da Arquitectura da UNESCO-UIA 2026.

Convídase aos participantes a remodelar 10 medianeiras, repartidas polos 10 distritos da cidade, co obxectivo de deixar un legado perdurable en Barcelona.

As propostas gañadoras implementaranse, sempre que sexa posible, para a súa inauguración en 2026 como parte do programa de actividades da UNESCO-UIA Capital Mundial da Arquitectura.

Máis información