Convocatoria XIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (MIVAU), convocou a XIII edición da BIENAL IBEROAMERICANA DE ARQUITECTURA E URBANISMO (BIAU), para a presentación de proxectos ás distintas categorías correspondente ao período 2022-2032. Trátase dunha convocatoria aberta e pública que ten como fin resaltar e dar recoñecemento aos mellores traballos de arquitectura, urbanismo e disciplinas afíns, que acheguen solucións alternativas e innovadoras nas formas de habitar.

Baixo o lema «CLIMAS: Accións para vivir ben», a XIII edición da BIAU celebrarase en Lima (Perú) a comezos de decembro de 2024, e reflexionará e convidará a tomar acción sobre a produción de futuros máis sostibles, xustos e plurais a través da arquitectura e o urbanismo.

Máis información