Presentación do libro “Galicia, Distrito Industrial: Conversas con Daniel Hermosilla”

O martes 9 de xullo, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a presentación do libro + debate Galicia, Distrito Industrial: Conversas con Daniel Hermosilla, na que participarán o profesor da Escola Fernando Agrasar Quiroga; Manuel Ángel Pose Palleiro, de Aluman; Rosa María Arcas, de Betanzos HB e os autores do libro Antón Baamonde e Daniel Hermosilla.

Esta presentación vainos permitir achegarnos ao coñecemento de todo un tecido de empresas galegas de última xeración, empresas de alto valor tecnolóxico, capitalizadas e internacionalizadas, que forman un ecosistema moi rico, e non suficientemente coñecido na nosa disciplina. Unha industria, necesaria, para desenvolver proxectos de arquitectura de calidade. Unha industria moi competitiva, con alto valor engadido, e que pode complementarse á perfección co tecido artesanal herdado no país.

Máis información