Anímaste a botar unha man ó alumnado de primeiro curso aportando a túa experiencia?
Convócase ó alumnado de terceiro, cuarto, quinto curso, TFG e TFM que queira mentorizar ó estudantado de primeiro.
Inscríbete ata o 5 de setembro neste enlace.
Recoñecemento de 1,5 créditos por cuadrimestre. Se realizas a mentoría durante dous anos, acadarás seis créditos, equivalentes a unha materia optativa.