Presenza da ETSAC na selección de finalistas do concurso do pazo de Lourizán

Na selección de finalistas do concurso para a recuperación da finca e pazo de Lourizán en Pontevedra atopamos unha ampla presenza tanto de profesorado como de arquitectos e arquitectas que se titularon na Escola.

Os estudos que obtiveron unha maior puntuación e pasarán á seguinte fase do concurso, son os seguintes:

Juan Creus e Covadonga Carrasco, en colaboración con Estefanía Vázquez Müller e Roi Feijóo e Michéle Orliac e Miquel Batlle.

Carlos Quintáns, en colaboración con Francisco Mangado, Juan Domingo Santos e Carmen Moreno.

Carme Pinós, en colaboración con Carles Enrich.

Antonio Cruz e Antonio Ortiz, en colaboración con West 8 (liderado por Adriaan Geuze).

Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso, en colaboración con Francisco González Varela e María Fandiño.

Alfonso Penela, en colaboración con BMJ (Belinda Besada e Marister Failde) e Ruth Gundín.

Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, en colaboración con Cristina García Fontán, MGM (José Morales, Sara de Giles e Juan González Mariscal) e Ola Arquitectura (Ares Cotela e Oriol Peus).

TRES Pensando Escoitando e Solucionando (Alberte Pérez, Enrique Iglesias e  Carlos Mosquera), en colaboración con GB Arquitectos (liderado por Guillermo Bañares) e Extrastudio (João Caldeira, João Costa, Daniela Freire, Rui de Jesus y Sónia Oliveira).