Conferencia de TRESPÉS Arquitectos no ciclo Próximos 2024

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia anuncia a terceira conferencia do ciclo Próximos 2024, a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Este terceiro relatorio, que terá lugar o xoves 4 de xullo, ás 19.30 horas, no salón de actos do Museo do Pobo Galego, terá como protagonista ao estudo TRESPÉS, que nos explicarán os distintos tipos de traballos que realizan, e compartirán con nós algúns dos seus proxectos realizados.

Máis información