Candidaturas para formación no programa Aluman Alumni

Aluman lanza a a séptima edición do programa Formación de Técnico/a Especialista en Fachadas Aluman Alumni, que consiste nunha formación intensiva de 3 meses, completamente financiada pola empresa, coa que pretende transferir os coñecementos aos futuros profesionais do sector.

Durante estes tres meses, os alumnos terán a oportunidade de:

  • Realizar visitas guiadas polos nosos talleres de produción.
  • Visitar as nosas obras e coñecer aos principais fabricantes do sector.
  • Asistir a charlas maxistrais impartidas por expertos.
  • Recibir formación en AutoCAD, SolidWorks, control económico de proxectos, e moito máis.

Para pechar o curso, os alumnos traballarán nun proxecto final grupal sobre un caso real, guiados por un titor. Este proxecto presentarase ante un tribunal composto por persoal directivo da empresa.

Ademais, os participantes recibirán unha achega económica mensual durante a formación e, ao concluír o programa, terán a oportunidade de incorporarse á empresa a través dunha bolsa, sempre que finalicen a súa titulación ou só lles quede pendente o proxecto final.

Máis información

Programa da edición de 2023