Conferencia de Cristina García Fontán en Próximos 2024

A delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia anuncia a segunda das conferencias do ciclo Próximos 2024, que terá lugar o mércores 19 de xuño ás 19.30 horas no salón de actos do Museo do Pobo Galego. Este ciclo pretende dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Este segundo relatorio terá como protagonista á profesora da Escola Cristina García Fontán, que compartirá unha breve reflexión sobre a paisaxe galega e a exposición Paisaxes incultas, a metamorfose do monte galego.

Cristina fará un percorrido dende as distintas escalas do territorio que se necesitan para entender a identidade dun lugar a través da explicación do proxecto de recuperación dos Baños de San Xusto en Cotobade. Neste proxecto trabállanse diferentes escalas da planificación e xestión da paisaxe e se culmina nun proxecto de paisaxe e arquitectura que recupera un lugar con un importante valor patrimonial e natural. Un lugar tamén depositario da memoria, da historia…

Máis información