Xornada sobre o bordo litoral portuario na delegación de Coruña do COAG

O venres 14 de xuño, ás 17:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a Xornada de traballo + debate O Bordo Litoral Portuario, á que están convidados unha nómina de expertos/as do ámbito da arquitectura e o urbanismo, xunto a representantes dos sectores produtivos ligados ao Porto da Coruña, ademais dunha representación da veciñanza da cidade.

O obxectivo desta Xornada é poñer á disposición dos asistentes información de primeira man sobre este asunto de especial transcendencia para a cidade, recoller as preocupacións dos distintos colectivos en relación ao futuro do bordo litoral portuario da Coruña, así como recabar información para responder, de forma argumentada, ás distintas convocatorias de participación pública nas que se poida tratar a problemática do bordo litoral portuario.

Máis información