Gravación do podcast BIMrras na Delegación de Lugo do COAG

O venres día 7 de xuño ás 17.00 a Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convértese nun estudio de gravación recibindo ao podcast BIMrras para unha gravación en directo dun dos seus episodios. Nesta ocasión contarán con un invitado especial: o arquitecto Antonio Tort.

BIMrras é un podcast quincenal no que tres arquitectos españois BIMtrastornados que discuten sobre todo o relacionado co mundo do Building Information Modeling, a transformación dixital e a tecnoloxía aplicada ao sector da construción desde o ano 2018. BIMrras son Rogelio Carballo, Evelio E. Sánchez e Rafael Tenorio Aranguren. Tres arquitectos galegos apaixonados da tecnoloxía e con máis de 20 anos de experiencia profesional ás súas costas.

Antonio Tort é un arquitecto español e pioneiro na metodoloxía BIM (Building Information Modeling) en España. Tras graduarse na ETSAC a finais de 1990, comezou a traballar con AutoCAD e fundou un Autodesk Training Center en 1992. En 1995, tivo o seu primeiro contacto con ArchiCAD en Helsinqui e desde entón estivo vinculado ao mundo BIM desde diferentes perspectivas. En 2014 creou uns dos primeiros máster de xestión BIM e actualmente dirixe o seu estudo de arquitectura en Lugo.

Máis información