Congreso de Arquitectura e Cooperación ao Desenvolvemento Arcadia VI

Os congresos Arcadia son promovidos e impulsados polo colectivo de profesorado e investigadores vinculado ás escola de arquitectura españolas e aspiran a consolidarse como espazo de encontro e de intercambio de experiencias e coñecemento en torno ao enfoque cooperativo, participativo e interdisciplinario da arquitectura e o urbanismo, para afrontar os grandes retos da humanidade neste século XXI. Crises que teñen o seu reflexo en diversas situacións do hábitat: dende a emerxencia habitacional de países como España, onde a mocidade ve bloqueado o seu futuro pola inaccesibilidade da vivenda, ata os desbordes urbanos de asentamentos populares nas periferias urbanas ou ás crises dos desprazamentos forzosos e a proliferación de campamentos de emerxencia…

O Congreso de Arquitectura e Cooperación ao Desenvolvemento Arcadia VI terá lugar na Escola de Arquitectura da Universidade de Sevilla no próximo mes de outubro, coas seguintes liñas:

  • Liña 1 – Emerxencia Climática, conflitos e migracións forzosas.
  • Liña 2 – Axenda Urbana. Novas cidades e cidades en transición.
  • Liña 3 – Aprendendo do sur: Arquitecturas progresivas e colaborativas.
  • Liña 4 – Formación, investigación e Extensión para o desenvolvemento sostible do hábitat.

O chamado á presentación de resumos (150/200 palabras) conclúe o próximo 15 de xuño, será avaliado por pares cegos e poderá estar escrito en inglés, español, francés e portugués. Tamén se admiten pósteres, neste caso os envíos pódense realizar ata o 15 de xullo próximo.

Máis información