Conferencia de Müller.Feijoo en Próximos 2024

A delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia anuncia a primeira das conferencias do ciclo Próximos 2024, a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Este primeiro relatorio, que terá lugar o 5 de xuño ás 19.30 horas, no salón de actos do Museo do Pobo Galego, terá como protagonista a Müller.Feijoo Arquitectura, estudo formado por Estefanía Vázquez Müller e Roi Feijoo, arquitectos pola ETSAC, que nos falarán dos seus principais proxectos e obras, que abarcan diferentes escalas, alcances e enfoques, desde a rehabilitación de vivendas a edificios de uso público.