Visitando GDA: Baños de San Xusto en Cerdedo-Cotobade

A derradeira xornada do ciclo Visitando GDA, organizada pola Delegación de Pontevedra do COAG, terá lugar o próximo sábado, 8 de xuño, ás 11:00 horas, visitando a Recuperación patrimonial e paisaxística dos baños de San Xusto en Cerdedo-Cotobade.

En primeiro lugar, a autora do proxecto e profesora da Escola Cristina García Fontán, impartirá unha charla sobre os detalles da obra e, despois, realizarase unha visita guiada pola casa de baños, o circuito exterior das augas e os muíños restaurados, un deles como sauna. A continuación, visitarase a obra de acondicionamento da contorna da Carballeira de San Xusto, un proxecto da mesma autora.

Máis información e inscrición na páxina da Delegación de Pontevedra do COAG.