Ciclo de Conferencias Próximos 2024 en Santiago de Compostela

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia anuncia a celebración da quinta edición do ciclo de conferencias de Arquitectura: PRÓXIMOS 2024. O mércores 5 de xuño terá lugar a primeira das conferencias enmarcada neste ciclo a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á esa delegación, ben polo emprazamento das obras ou os estudos, como polo contexto sobre o que traballan.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o lugar de celebración será o salón de actos do Museo do Pobo Galego (Costa de San Domingos, s/n).

As datas dos relatorios xunto cos seus protagonistas son as seguintes:

  • Mércores, 5 de xuño: MÜLLER FEIJOO
  • Mércores, 19 de xuño: CRISTINA GARCÍA FONTÁN
  • Xoves, 4 de xullo: TRESPÉS
  • Xoves, 18 de xullo: CARBAJO BARRIOS