Propostas seleccionadas na mostra Nova Arquitectura Galega

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia deu a coñecer as 30 propostas seleccionadas na mostra Nova Arquitectura Galega 2024, cunha ampla presenza de arquitectos e arquitectas que se formaron na nosa Escola, a quen felicitamos por este recoñecemento.

Estes proxectos preséntanse como símbolo dunha nova xeración que está chamada a definir os trazos da arquitectura galega no futuro. Nomes e proxectos de arquitectas e arquitectos que formulan modos de traballo abertos e transversais, xunto con temas máis pegados polo xeral á escala do pequeno e diverso, como corresponde aos inicios dunha carreira profesional, onde todo é posible e está aínda por definir.

Propostas seleccionadas