O vindeiro xoves, 30 de maio, o arquitecto Alberto Noguerol impartirá unha charla dentro das actividades do Máster Universitario en Arquitectura e do Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica, aberta a toda a Escola.
Será ás 11 horas na aula do Máster Universitario en Arquitectura.
Alberto Noguerol (Miño, 1943) iniciou a súa actividade docente na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona no ano 1978. Desde o ano 1986 ata a súa xubilación foi profesor de proxectos na nosa Escola.