Conferencia de Óscar Miguel Ares na Delegación de Ferrol do COAG

O xoves día 06 de xuño, ás 19.30 horas, continúa a 2ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Nesta cuarta e derradeira conferencia titulada RESISTENCIAS contará coa intevención do arquitecto Óscar Miguel Ares (Contextos de Arquitectura e Urbanismo). Ao finalizar a conferencia levarase a cabo un coloquio, finalizando a xornada cun aperitivo que permita continuar a charla.

A conferencia levarase a cabo no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204. Ferrol).

A asistencia é libre e gratuíta. Con todo, para unha correcta organización da xornada, para asistir é recomendable a inscrición a través desta ligazón.