XX Congreso Internacional EGA A Coruña – Porto 2024

 

O lema do XX Congreso Internacional EGA, «Horizontes Gráficos», reflicte o anhelo da nosa especialidade por tentar ver máis aló do momento presente. O horizonte ―por definición, inalcanzable― actúa como símbolo do futuro non escrito, pero tamén como fonte de esperanza ante a incerteza. Co fin de ampliar os nosos horizontes e exceder o presente, acollemos neste congreso todos os temas e experiencias propios do noso colectivo: o da expresión gráfica arquitectónica. Recompilar un vasto abanico de ideas é de vital importancia para poder afrontar os bruscos cambios que trae consigo o futuro, para resolver situacións adversas de maneira menos precipitada. Por fortuna, o campo da expresión gráfica non é alleo a entender a realidade como un continuo proceso de cambios que se suceden. Da nosa capacidade de adaptación dependerá o devir da área de coñecemento de Expresión Gráfica Arquitectónica.

A difusión das investigacións e experiencias docentes de EGA partiron precisamente das Xornadas EGA celebradas en Coruña en 1984 e tiveron unha constante e renovada vontade de debate a través das 19 edicións bianuais celebradas de maneira ininterrompida desde o Congreso de Sevilla en 1986, e a partir do III Congreso EGA Valencia (1990), tiveron carácter internacional. En 2002 o IX Congreso Internacional EGA volve á Coruña. Agora recollese a testemuña do Congreso EGA celebrado en Cartaxena, e as circunstancias quixeron que novamente se celebre este XX Congreso Internacional EGA en maio de 2024 de xeito compartido, entre o departamento EGA da Universidade da Coruña e os compañeiros da Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto.