Finalistas no IX Festival arquia/próxima 2024: DESEO

O acondicionamento dos espazos públicos da Explanada do Horizonte en O Rosal, da arquitecta formada na ETSAC María Fandiño Iglesias e a Escola Inicial 140 na comunidade de Santa Cruz de Villacuri, “Barrio Chino”, en Ica (Perú), da arquitecta formada na ETSAC Betsaida Curto Reyes e o arquitecto formado na ETSAC Ander Bados Sesma foron propostas seleccionadas no IX Festival arquia/próxima 2024: DESEO.

Comisariado por Mariña Otero Verzier, esta edición do Festival arquia/próxima propón mobilizar o desexo. O desexo como motor do cambio. As transformacións ecosocial, económica e política, e a posibilidade de futuro, están vinculadas ao desexo. Este desexo non é un simple anhelo de consumismo individualista, senón unha enerxía creativa, colectiva e social, arraigada na conciencia de que o cambio cara a outras formas de vida é necesario e posible.

Máis información