Visita da ACSUG para renovación da acreditación do Grao en Paisaxe

O mércores 22 de maio visita a Escola a subcomisión de avaliación da ACSUG para a renovación da acreditación do título de Graduado/a en Paisaxe, grao compartido pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.

As actividades previstas terán o seguinte horario:

  • 09.00-09.15 Recepción da Comisión e traslado á sala onde se vai a desenvolver a visita.
  • 09.15-10.00 Reunión Interna da Comisión.
  • 10.00-11.00 Reunión coa Comisión de Coordinación Interuniversitaria do Título. Poderá realizarse unha breve presentación do título.
  • 11.00-11.15 Reunión Interna da Comisión.
  • 11.15-12.00 Reunión cunha mostra representativa do alumnado do Grao en Paisaxe.
  • 12.00-12.45 Reunión cunha mostra representativa do profesorado do Grao en Paisaxe.
  • 12.45-13.00 Reunión Interna da Comisión.
  • 12.45-13.15 Reunión cunha mostra representativa do PAS.
  • 13.15-14.00 Visita ás instalacións.
  • 14.00-16.00 Almorzo e reunión interna da Comisión de Avaliación.
  • 16.00-16.45 Reunión cunha mostra representativa de personas egresadas do Grao en Paisaxe.
  • 16.45-17.15 Reunión cunha mostra representativa de empleadores ou titores de prácticas do Grao en Paisaxe.
  • 17.15-17.45 Audiencia Pública.
  • 17.45-18.15 Reunión Interna da Comisión.
  • 18.15-18.30 Reunión final e lectura do informe oral.