Josep Llinàs, Medalla de Ouro da Arquitectura

O arquitecto Josep Llinàs Carmona (Castelló de la Plana, 1945) recibiu esta semana a Medalla de Ouro da Arquitectura. Instituida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) no ano 1981, a Medalla de Ouro da Arquitectura recoñece o esforzo das persoas e institucións que ennoblecen o quefacer arquitectónico co seu labor. A ETSAC quere sumarse a este recoñecemento e transmitir a nosa felicitación ó galardoado.

No seu ditame, o Xurado destaca “a súa obra serena, a súa valiosa intervención en arquitecturas existentes e a atención á calidade da contorna urbana, referencias actuais das que é precursor”. Fai fincapé en que a calidade da súa obra transmite ás novas xeracións “valores permanentes, útiles para a sociedade”, e, na mesma liña, finaliza, resaltando un “traballo docente entendido como profesión e a profesión como unha academia en si”.

Máis información