A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza un segundo encontro co arquitecto Xerardo Estévez e o arquitecto e profesor da Escola Alfonso Salgado no que abordarán os retos da nova mobilidade.
A nova realidade urbana que se está implantando no mundo esixe análises relacionadas. A mobilidade é un desafío democrático, xunto á demanda de vivenda para a xente moza e o turismo. Pensamos que é necesario interpretar Santiago para descubrir Compostela e proxectar así un novo pensamento sobre o uso do espazo público para o día despois da invasión do coche e a motocicleta.