Xornada “A construción do local”

O vindeiro xoves, 16 de maio, ás 18:30 horas terá lugar a xornada A construción do local na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, como parte do marco de actividades da exposición da XVI BEAU no Mercado de San Agustín da Coruña.

Esta xornada, con entrada libre, inclúe unha conferencia impartida por HARQUITECTES, premiados na categoría de “Obras”, e unha posterior mesa redonda ―moderada polo profesor da Escola Alberte Pérez― sobre o papel da arquitectura na conservación dunha cultura propia, coa participación de:

  • Ruth Varela. Presidenta da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia. Finalista na categoría de “Investigación e Difusión”. Documental Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
  • FuertesPenedo Arquitectos. Premiados na categoría de “Obras”. Rehabilitación do Estaleiro Tradicional Ciprián.
  • Creus e Carrasco + RVR. Premiados na categoría de “Obras”. Acondicionamento do bordo portuario de Porto do Son.
  • Nuria Prieto. Premiada na categoría de “Investigación e Difusión”. Artigos sobre arquitectura en prensa local.

Máis información