CREUSeCARRASCO debuxos na delegación do COAG

O mércores 15 de maio, ás 19:00 horas, inaugúrase a exposición CREUSeCARRASCO debuxos na sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A exposición poderá visitarse en horario de apertura do COAG ata o 15 de xullo.

A mostra recolle parte do traballo gráfico realizado por CREUSeCARRASCO nestes últimos anos. Dende algún proxecto pensado e debuxado a man ata a imaxe tratada mediante capas dixitais, pasando pola representación directa de descricións literarias ou paisaxes reais olladas en movemento.

Máis información