Bienal de Investigación en Arquitectura da Universidade de Sevilla

Está aberto o proceso de inscrición para asistir á BIAUS – Bienal de Investigación en Arquitectura da Universidade de Sevilla.
A convocatoria, que se atopa na súa segunda fase unha vez revisados os resumos por parte do Comité Científico, tivo unha aceptación variada, ampla e de calidade, con mais de 350 achegas, 1400 investigadores asinantes e universidades de todo o mundo (Tonghy, Nottingham, Oxford, Harvard, entre moitas outras). Vese cumprido así un dos retos desta Bienal que consistía en abrir a súa participación non só a arquitectos/as, senón tamén a científicos/as, literatos/as, filósofos/as, antropólogos/as, xeógrafos/as, historiadores/as, artistas, deseñadores/as, críticos/as, xornalistas, practicantes, profesionais e estudantes, cos que enriquecer a investigación en arquitectura desde campos afíns.
A inscrición é gratuíta e emitirase Certificado Oficial de Asistencia como actividade e experiencia formativa.
Normas para a inscrición: A inscrición entregarase en formato PDF. O arquivo para subir será nomeado como BIAUS INSCRIPCION apelido nomee LX.pdf (sendo X o número da liña temática, preferente á que desexa asistir, aínda que despois poida moverse libremente entre todas). Ligazón para a subida da inscrición.
Toda a información sobre a convocatoria está dispoñible nesta ligazón.