Summerschool Rurápolis en Asturias

A Summerschool Rurápolis está organizada pola Escola Nacional Superior de Arquitectura de Versalles (ÉNSA-V) e un consorcio de universidades europeas e institucións locais, e terá lugar do 29 de agosto ao 7 de setembro de 2024, en Asturias.

Esta Summerschool representa unha gran oportunidade para os alumnos e alumnas que poderán asistir a conferencias e mesas redondas con personalidades de renome a escala europea e rexional, descubrir un territorio (o «Paraíso Natural» asturiano) e recibir unha formación técnica en prácticas arquitectónicas que están a experimentar un renacemento, como o tapial.

A cota de inscrición cobre a supervisión e a participación no taller, os suministros e o aloxamento con almorzo, así como parte dos gastos de transporte durante o evento.

Máis información