Xornada sobre o ensino da paisaxe na Fundación Barrié

Hoxe celebrouse na sede da Fundación Barrié a xornada A paisaxe e os desafíos do seu ensino, organizada pola Escola e destinada ó profesorado do Grao en Paisaxe. Dividida en dúas partes, na primeira interviñeron Carmen Arias, directora da Fundación Barrié; Moisés Canle, Vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da Universidade da Coruña; Francisco Dinís Díaz Gallego, Concelleiro de Urbanismo Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña e Miguel Abelleira como director da Escola.

Na segunda parte tivo lugar unha mesa de debate sobre os graos de paisaxe existentes nas universidades españolas, moderada pola profesora da Escola Cristina García Fontán. Nela interviñeron Stefano Cortellaro, coordinador do Grao en Paisaxismo da Universidade Politécnica de Cataluña; Anna Laura Jeschke, coordinadora no Dobre Grao de Fundamentos da Arquitectura e Paisaxismo da Universidade Rey Juan Carlos; e Juan Caridad, coordinador do Grao en Paisaxe compartido pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela; ademais do secretario do Consello Europeo de Escolas de Arquitectura da Paisaxe (ECLAS), Frederico Meireles.

Máis información