Dúas bolsas para Campus Rural en Navia de Suarna

Terceiro programa Campus Rural do Ministerio Universidades
Asociación Cuarto Mundo solicita bolseiras/os para estudo hábitat rural en Navia de Suarna · Verán 2024

A Asociación ACCIÓN CUARTO MUNDO solicita un Campus Rural en Navia de Suarna (Lugo), no que participarían dous alumnas/os de 4º curso de Arquitectura Superior e un alumno/a de Socioloxía. O Campus duraría catro meses, nos que -dacordo co programado polo Ministerio de Universidades e a Secretaría General de Reto Demográfico- cada persoa tería unha retribución de 1.000 euros mensuais.

Rematado o prazo de solicitude o 25 de abril pasado, aínda hai dúas prazas dispoñibles para o campus rural. A tarefa das persoas seleccionadas, co apoio do Concello de Navia e da Asociación Acción Cuarto Mundo, e a titoría desde a ETSAC do profesor Plácido Lizancos, é analizar as vivendas que están vacantes ou abandonadas, valorar as súas posibilidades de rehabilitación e o grao de viabilidade de tal tarefa, á vez de contactar coa propiedade e sondear e coñecer a súa disposición a colaborar para prestarse á devandita rehabilitación e ceder o uso da vivenda para esa tarefa e para recuperar o investimento realizada mediante un aluguer social para aloxar aos posibles responsables.

Máis información