Exposición da XVI BEAU no mercado de San Agustín

O martes 30 de abril inaugurase na planta alta do mercado de San Agustín a exposición itinerante das obras premiadas e finalistas na XVI Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo (BEAU). Convocada polo Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana en colaboración co Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e a Fundación Arquia, a XVI BEAU estivo comisariada por María González García, Juan José López de la Cruz e Ángel Martínez García-Pousada e tivo como tema Me—Dio Pla—zo, unha reflexión sobre como o noso hábitat futuro empeza a construírse desde as accións do presente, podendo anticipar como seremos nun mañá próximo a partir dos indicios que mostra a máis destacable arquitectura española recente.

A exposición no mercado de San Agustín compleméntase coa mostra dos proxectos fin de carreira premiados na bienal, expostos no hall da Escola (Planta 0).

Máis información