Conferencia de Alfonso Salgado e Francisco Liñares na RAGBA

O profesor da Escola Alfonso Salgado impartirá mañá, 23 de abril,  unha conferencia xunto ó arquitecto Francisco Liñares, do estudo Salgado e Liñares, sobre o complexo turístico de Albeida (Serra de Outes, 2018-2019). Terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña), dentro do ciclo “Martes das Artes”. A entrada é libre ata completar capacidade.