Un bo discurso non é exclusivo de certos grupos profesionais. Polo que os representantes do estudantado estamos montando un Taller de Oratoria coa colaboración de Fernando Agrasar Quiroga e Luz Paz Agras.
Comunicar unha mensaxe de forma adecuada é unha gran oportunidade para cumprir cos nosos obxectivos: defender os proxectos, ou TFG, TFMs, ou tesis doctorais, aprender a vender, persuadir, emocionar, crear consciencia, etc. Neste taller temos a posibilidade de superar o medo escénico e expresarnos correctamente fronte a moitas persoas.
Resumido nunha frase «orador faise, non se nace».
Datas e horario: 17/04/2024 e 8/05/2024 ás 13:00 horas.
Prazas limitadas. Participarán no taller as 7 ou 8 primeiras persoas inscritas no formulario.