Taller de tecnoloxía de baixo custe na FETSAC

Ligado ó proxecto INVIR, do grupo de investigación Persoa-Ambiente, celebrouse este martes na FETSAC un taller de tecnoloxía de baixo custe para vivenda prefabricada progresiva, coa participación do experto en bioconstrución Macario Iglesias, a profesora Patricia Muñiz, a Asociación Habitamos e, por suposto, os estudantes da nosa escola.

Tomando como antecedente a investigación e os prototipos levados a cabo o pasado mes de decembro en Cabo Delgado (Mozambique), se estudaron distintas técnicas con materiais naturais e tecnoloxía prefabricada baseada nos recursos e man de obra locais. Podedes ver os resultados do realizado polo alumnado na planta baixa.

É un proxecto apoiado pola convocatoria “Programa de impulso á investigación universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común”