Programa da FETSAC 2024

O Festival de Arquitectura “FETSAC” xurdiu no ano 2009 como un evento reivindicativo e crítico, á par que alegre, onde a intención por parte daquelas 8 persoas que iniciaron esta andaina era cambiar o ambiente que respiraba a Escola. Pese a que nun principio a chamada aberta estaba destinada á celebración dun “patrón” como no resto de facultades, rematou por convertirse nun festival cultural de 4 días con conferencias, talleres e un ambiente inimaxinable en aqueles tempos.

A FETSAC é unha organización de alumnos ou exalumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) aberta á colaboración, que se esforza por xerar e visivilizar contidos de interese fora dos programas académicos da escola e a universidade, baixo unha visión crítica, involucrando ó maior cantidade de alumnado posible nun ambiente lúdico. Propoñemos unha semana de extrañeza e distensión.

A FETSAC arranca, na súa decimoquinta edición, coa intención de consolidarse como un dos eventos culturais referentes dentro do calendario da ETSAC. Organizado integramente por alumnas, o Festival de Arquitectura, envorca sobre a escola unha serie de inquietudes que se traducen nunha semana de actividades que, tras dúas horas de clase de 9 a 11 da mañá, duran ata a notie e van dende os talleres, conferencias, exposicións aos debates ou performances.

Na edición do ano pasado, a FETSAC obtivo unha gran repercusión a nivel nacional e incluso internacional. Aínda que o Festival está orientado cara os estudantes de arquitectura, todos os anos procuramos ter conferencias e actividades que toquen outros ámbitos. Por último, as plataformas dixitais permiténnos chegar a moita máis xente. Durante os días da súa celebración todos os contidos son retransmitidos vía streaming mediante a nosa canle en Twitch. Posteriormente os directos son resubidos a Youtube, servindo tamén como repositorio de este contido cultural.

Estes logros permitíronlle ao festival traspasar as fronteiras da súa data de celebración. En Outubro de 2012 o noso traballo foi publicado na revista Arquitectura Viva cunha edición dedicada a “Colectivos de arquitectura”.

Ademais, en decembro do mesmo ano, a FETSAC estivo presente no Encontro anual de Arquitecturas Colectivas celebrado en Sevilla. En 2018, no eido internacional, a FETSAC formou parte do pavillón español na Bienal de Venecia de Arquitectura. Tamén a páxina web Plataforma Arquitectura publica anualmente a nosa Chamada a Participantes.

Ó longo dos anos o festival foi exemplo e referente en escolas de todo o estado, sendo replicado por outros colectivos estudiantis. Sen ir moi lonxe, no 2022 compartimos as nosas experiencias con alundao de ETSAR (URV) e da ETSAS (US), deixando patente a proxección nacional no eido estudiantil.

As organizadoras deste festival estamos constituidas como ‘Asociación Universitaria Alumnos Activos de Arquitectura’. É polo tanto esta asociación, a encargada de organizar una serie de eventos temáticos puntuais ó longo do curso, pero principalmente deseñar o que ten lugar os días 8, 9, 10, e 11 de abril cun formato máis heteroxéneo onde a intercalación de actividades anima á participación e encontro de tódolos interesados, sexan alumnos de todas as titulacións que se imparten na ETSAC, exalumnos ou profesores.

Este ano, baixo o nome “Proxectos X” decidimos ceibarnos de temas concretos para traer todo o contido que nos parecía atractivo e de interese, conseguindo abrinxir dende poñencias de exalumnado da nosa propia escola, pasando por algúns dos personaxes máis influintes na actualidade divulgativa, ata galardonados co Premio Nacional de Arquitectura.

Programa da FETSAC ’24: