Exposición de exercicios de Proxectos 1 na Biblioteca

A Biblioteca da Escola acolle estes días unha exposición de exercicios da materia Proxectos 1, nos que o alumnado tivo que proxectar un refuxio para que o poeta Amauta Castro (Barakaldo, 1981) puidese desenvolver o seu imaxinario creativo.