Conferencia de José Ramón Soraluce

O vindeiro mércores, 3 de abril, no Espazo ETSAC, terá lugar a conferencia de José Ramón Soraluce Blond titulada «A casa Robie de Frank Lloyd Wright».

José Ramón Soraluce Blond é catedrático de Composición Arquitectónica, e impartiu docencia na nosa Escola. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes e Académico Correspondente das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando de Madrid e de San Jorge de Cataluña, así como membro do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.

Este acto organízase en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes.

Será ás 13 horas no Salón de Actos da Escola.