Nova web do Grao en Paisaxe

O Grao en Paisaxe, compartido pola Escola Técnica Superior de Arquitectura (Universidade da Coruña) e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela), dispón dunha nova páxina web que reúne a información esencial sobre a titulación, organizada en seis apartados: Para que serve?, Matriculación, Noticias, Organización, Recursos e Contacto. Grazas a esta ferramenta podemos obter información actulizada de modo global, e facilitar o acceso aos recursos habituais no desenvolvemento do ensino.

Como complemento desta nova web lánzanse tamén os perfís en Facebook e Instagram, permitindo que os temas de interese relacionados co Grao cheguen tamén a través destas redes sociais.

Acceso á web do Grao en Paisaxe