O vindeiro mércores, 20 de marzo, no Espazo ETSAC, terá lugar a conferencia de Xosé Manuel Casabella López titulada «Vila Tungendhat. Unha abstracción».
Xosé Manuel Casabella é doutor arquitecto, membro da Real Academia Galega de Belas Artes e profesor da nosa Escola, da que foi director entre 2005 e 2011.
Este acto organízase en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes.
Será ás 13 horas no Salón de Actos da Escola.