O mércores 20 de marzo, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a arquitecta formada na Escola Betsaida Curto Reyes impartirá a conferencia «O máximo co mínimo, dignidade arquitectónica no Deserto Peruano», sobre a Escola Inicial 140 na Comunidade de Santa Cruz de Villacurí «Barrio Chino», unha obra proxectada xunto ao arquitecto —tamén formado na Escola— Ander Bados, e galardoada co Premio Profesión nos Premios de Arquitectura 2023 do CSCAE.
Máis información na páxina da Delegación de A Coruña do COAG.