O vindeiro mércores, 13 de marzo, no Espazo ETSAC, terá lugar a conferencia de Celestino García Braña titulada “Vila Mairea: un poema de amor”.
Celestino García Braña é arquitecto, membro da Real Academia Galega de Belas Artes e presidente da Fundación Docomomo Ibérico e foi decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e profesor na nosa Escola.
Este acto organízase en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes.
Será ás 13 horas no Salón de Actos da Escola.