«Tanto a misión encomendada a Jaime Deza por un grupo anónimo pertencente ao MI6 na celebrada triloxía de Javier Marías Tu rostro mañana (2002, 2004, 2007) —coñecer o rostro futuro da xente— como a reflexión do avogado Clamence, protagonista de La caída (1956), fronte ao espello interposto polo seu autor, Albert Camus —“A partir de certa idade, cada un é responsable do seu rostro”— convidan a ocuparnos dun futuro persoal que non sabemos nin como nin cando chegará. Como será o noso rostro a partir de cando? Que podemos facer para presentar o mellor posible cando alcancemos esa idade descoñecida?»
Este é un fragmento do texto que acompaña a exposición de retratos Tu rostro mañana, que se pode visitar na entrada da Biblioteca da Escola.
Convidámosvos a visitala e a tentar recoñecer os rostros expostos.