O Arquivo do Reino de Galicia (Rúa San Carlos, s/n, A Coruña) celebra o Día Internacional da Muller Traballadora cunha homenaxe á arquitecta coruñesa (aínda que nacida en Madrid) Milagros Rey Hombre. Con este motivo, preparouse unha exposición virtual e organizouse unha conferencia na Sala de Conferencias do Arquivo, que terá lugar o día 7, xoves, ás 19 horas.
Baixo o título de: Milagros Rey Hombre, 1930/2014, unha pioneira, o profesor da Escola Cándido López González abordará diversos aspectos da vida e da actividade profesional desta arquitecta, que exerceu tamén como profesora na nosa Universidade.