Charla sobre mobilidade urbana sustentable na EUAT

O vindeiro mércores 6 de marzo, ás 12.30 horas, celebrarase no Salón de Graos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica a charla titulada Mobilidade urbana sostible: Bicicoruña na UDC organizada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC dentro do ciclo de actividades que se están levando a cabo no Marzo Ambiental 2024 en colaboración co Concello da Coruña.

A entrada é libre ata completar aforo, previa inscrición a través deste formulario.

Máis información neste enlace.