Conferencia sobre dúas casas de Javier Carvajal na RAGBA

O vindeiro martes, 5 de marzo, na derradeira conferencia do ciclo Casas Modernas /2, organizado por Luz Paz Agras, Patricia Sabín Díaz e Enrique Blanco Lorenzo falarán sobre dúas vivendas unifamiliares proxectadas polo arquitecto Javier Carvajal Ferrer: a casa Carvajal (Madrid, 1964) e a casa García-Valdecasas (Madrid, 1966).

Será ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.