Conferencia de Nicolás Hünerwadel sobre a casa Koechlin

O 1 de marzo, ás 11 horas, no salón de actos da Escola, terá lugar a conferencia Arquitectura e vida nunha casa de Riehen CH de Nicolás Hünerwadel sobre a casa Koechlin, proxectada en Riehen (Suíza) por Herzog & de Meuron entre 1993 e 1994.

Nicolás Hünerwadel é arquitecto pola ETH de Zurich e a FArch de Genève e propietario, desde hai 28 anos, da casa Koechlin. Despois da conferencia terá lugar un pequeno taller onde o alumnado de Construcción 4 —e quen desexe asistir doutras materias— poderá comentar as súas dúbidas e consultas sobre a nova e ampla documentación deste excepcional proxecto.

Esta conferencia forma parte do ciclo Conferencias Constructivas organizado polo profesor Enrique Rodríguez García.