Antonio Palacios. Unha visión calidoscópica

O mércores 6 de marzo, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a mesa de debate Antonio Palacios. Unha visión calidoscópica. Presentada por Ruth Varela Rodríguez, presidenta da Delegación de A Coruña do COAG, intervirán o historiador e arqueólogo Felipe Senén López Gómez, os profesores da Escola Miguel Abelleira, Antonio Río Vázquez e Ricardo Sánchez Lampreave e o doutor arquitecto formado na Escola José Luis Varela Alén.

Esta mesa é unha visión complementaria da exposición que presenta o Concello da Coruña en Palexco, Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruído del tiempo, comisariada por Ricardo Sánchez Lampreave e José Luis Varela Alén. Unha mostra que ofrece unha copiosa selección de obras e proxectos do insigne arquitecto galego para celebrar o sesquicentenario do seu nacemento en O Porriño.

Máis información na páxina da Delegación de A Coruña do COAG